Friday 22 de November de 2024

A Xunta visita o Hospital Español de México, dirixido polo galego Daniel Suárez


O vicepresidente da Xunta e o secretario xeral da Emigración entrevistáronse onte cos responsables da institución sanitaria

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda visitaron onte o Hospital Español de México e entrevistáronse cos responsables, do Hospital Español de México, institución na que historicamente ven sendo atendida unha parte das colectividades galega e española, e que arestora preside o galego Daniel Suárez.

O titular da Vicepresidencia e o secretario xeral da Emigración aproveitaron a súa estadía na capital azteca para visitar a entidade sanitaria que está recoñecida coma un dos modelos hospitalarios de maior calidade asistencia e humanitaria en América.