Un quedou deserto e o outro restante está pendente de tamén adxudicar en vindeiras datas
O Concello de Ribeira adxudica a instalación e explotación de dous chiringuitos de tempada en terreos municipais para dar servizo ás persoas usuarias das praias do termo municipal.
Os lotes adxudicados foron Punta Touro, cunha única interesada por importe de 2.026 euros por anualidade, e Ameixida, na que concorreron tres propostas e gañou a mellor oferta por unha contía de 3.269 euros por anualidade.
No que respecta ao lote Coroso 1, quedou deserto ao non presentarse ninguén, e Coroso 2 está pendente de adxudicar cunha única proposta.
A duración da concesión é de catro tempadas de verán que se corresponden coas anualidades do 2026, 2027, 2028 e 2029.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.