Monday 27 de April de 2026

Uns 150 deportistas participarán no quinto torneo de tenis en terra batida A Devesa


 Disputaranse máis de 140 partidos ata finais de xuño

O quinto torneo de tenis en terra batida A Devesa contará coa participación duns 150 deportistas divididos nas categorías de veteranos, sub-18, dobres, masculina e feminina.

Trátase dunha iniciativa que impulsa o Club de Tenis A Devesa coa colaboración do Concello de Ribeira e numerosos patrocinadores.

Dende esta mesma tarde e ata finais de xuño, cada fin de semana haberá encontros ata superar os 140 partidos. O concelleiro de Deportes, Álex Vidal, destacou esta iniciativa por apostar polo tenis en terra batida coas particularidades que supón e que pon o foco nestas instalacións da parroquia de Olveira a nivel galego.

Tamén se pronunciaron Juan Fernández, Juan Franciso Fernández e Miguel Fernández -presidente, vicepresidente e vogal da entidade, respectivamente-, quen apuntaron o incremento da participación feminina nesta edición do torneo, así como a evolución do mesmo. “O único de terra batida en toda Galicia”, como sinalou o vicepresidente.

Quixeron salientar tamén a implicación de toda a organización, nos que incluír á secretaria, María López, e a dous dos seus vogais, Iván e Sergio.

Deja un comentario