Monday 27 de April de 2026

Outro curso sen Consello Escolar Municipal


O compromiso do Goberno Municipal de convocar o Consello Escolar Municipal de Cambre (CEMC) chega para final de curso.

Ante a falta de novidades ao respecto Alternativa volveu a insistir na importancia de dar funcionalidade a este órgano de participación de toda a comunidade educativa.
As asambleas do CEMC permiten canalizar as reivindicacións da comunidade educativa para abordar de xeito cooperativo as diferentes problemáticas, ao reunir representantes do alumnado, familias, direccións de centros escolares, sindicatos de profesorado e forzas políticas da corporación.
Alternativa critica que os diferentes gobernos de Cambre dos últimos anos non puxeran o impulso necesario para manter este órgano de participación vivo e funcional para traballar conxuntamente por un ensino público de calidade.
O grupo confía que esta convocatoria do CEMC permita recoller as demandas da comunidade educativa e que poidan transformarse en acordos oficiais cos que reclamar melloras ás administracións competentes para o vindeiro curso.

Deja un comentario