Tal e como vai o mundo, ante tanta deshumanización, resulta máis necesario que nunca apostar con firmeza desde as administracións públicas pola educación, pola cultura, pola arte… especialmente entre a xuventude. Así o leva facendo durante décadas o Concello de Oleiros con numerosas actividades, entre as que destacan as 3 escolas artísticas.
Para continuar nesa liña formativa, para o vindeiro curso ofértanse un total de 1.165 prazas nas escolas municipais de música, danza e teatro. As persoas interesadas poden matricularse ata o 28 de abril.
Pódese consultar toda a información na páxina web do Concello, no apartado de Ensino. Para calquera dúbida ou consulta tamén é posible dirixirse ao correo ensino@oleiros.org ou tamén poderán chamar ao teléfono 981 639 688 do Centro Municipal de Artes Escénicas ou ao 981 639 143 da Escola Municipal de Música.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.