Será este venres, 24 de abril, ás 20.30 horas, no auditorio da biblioteca Victoriano García Martí
O auditorio da biblioteca Victoriano García Marí acollerá mañá, venres 24 de abril, ás 20.30 horas, a presentación do libro Pontealbar, de Adrián Noia.
A peza narra a vida de Pedro de Pontealbar, que muda cando descobre que a fin do mundo está preto por culpa dun pacto entre o conde Albar e unha misteriosa criatura lendaria, o Demo da Serpe. A pantasma de Marcela, vítima da crueldade do conde, aparece para encomendarlla ao protagonista a salvación da aldea antes de que sexa moi tarde.
Ao longo da historia sucédense aventuras por un mundo indescritible no val do Río Grande, onde Pedro atopa outras criaturas que o axudan a lograr o seu propósito.
O autor, acompañado da concelleira de Cultura, Patricia Lojo a secretaria da A.C. Barbantia, Milagros Torrado, a escritora Ánxela Gracián e a filóloga Andrea Mosteiro, dará a coñecer estes e moitos outros detalles que compoñen as páxinas.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.