A actuación permitirá mellorar a pavimentación de diferentes camiños municipais.
O goberno local da un paso adiante no plan integral de camiños co próximo inicio de obras tras ter concluída a licitación das actuacións.
As obras cofinanciadas co Plan Único de Concellos da Deputación de A Coruña, permitirán a renovación dos firmes, adaptándo diferentes solucións en función a cada tramo en varios lugares da parroquia de Lubre ( Guinlle e Campiña, Espírito Santo e Armuño, Casal de Agra, Dornas, Campo de Leis e Sanín) e en Vixoi, Bergondo e Guísamo.
Alternativa valora positivamente este avance como un paso máis cara o compromiso cunha mobilidade máis funcional no municipio.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.