Friday 24 de April de 2026

Servizos Sociais ao límite Alternativa esixe reforzos xa


Alternativa reclama reforzos urxentes no departamento de Servizos Sociais ante o incremento da carga de traballo para garantir as condicións de traballo axeitadas e unha atención eficaz á veciñanza.

Alternativa instou ao goberno a reforzar o departamento ante a apertura de prazo de solicitude da tarxeta monedero a familias con menores en situación de vulnerabilidade, un proceso que coincide coa tramitación das acreditacións de vulnerabilidade para a regularización das persoas migrantes.
A xestión simultánea de ambos procedementos incrementará notablemente a carda de traballo nun servizo que xa presenta unha situación de saturación, con tempos de espera que roldan os tres meses para a atención.
A formación indica que, ao logo do último ano, o departamento viu reducida a súa capacidade operativa por falta dunha traballadora social e unha auxiliar administrativa, ás que se suma actualmente as vaixas doutras dúas profesionais, o que está a situar o servizo “nunha situación límite”.
Alternativa demandou un reaxuste temporal de efectivos doutras áreas municipais para apoio administrativo ou, de ser preciso, reocrrer a fórmulas de contratación menor que permitan facer fronte á situación.

Deja un comentario