Friday 24 de April de 2026

O Concello abre o prazo para a cesión temporal de espazos no seu viveiro municipal de empresas


• O obxectivo desta iniciativa é contribuír á creación e funcionamento de iniciativas económicas que potencien e diversifiquen o tecido empresarial.

• Poderán optar tanto persoas autónomas como sociedades e o período para presentar solicitudes remata o 6 de maio.

O Concello das Somozas abriu o prazo para a cesión temporal de espazos no seu viveiro municipal de empresas, localizado estratexicamente no polígono industrial das Somozas.

O obxectivo desta iniciativa é contribuír á creación e funcionamento de iniciativas económicas que potencien e diversifiquen o tecido empresarial. A esta poderán
concorrer tanto persoas traballadoras autónomas como sociedades e o período para entregar as solicitudes remata o 6 de maio. Para presentarse será imprescindible cumprir os requisitos do artigo 6 do Regulamento de funcionamento do Viveiro de empresas do Concello das Somozas

Os espazos dispoñibles constan dunha nave dividida en varios locales e os que están dispoñibles son dous, un que ten unha superficie de 224,05 m² e outro de 759,60 m².

Ademais, a cesión estará suxeita á taxa estipulada pola ordenanza fiscal municipal para a utilización e aproveitamento destas naves.

As persoas interesadas deben entregar a documentación requirida no artigo 9 do Regulamento municipal. Para tramitalo, será necesario cumprimentar o Anexo I (Modelo de solicitude) e o Anexo II (Plan de empresa). Ambos documentos poden ser descargados directamente a través da sede electrónica municipal.

Deja un comentario