Wednesday 22 de April de 2026

O Concello recibe aos alumnos portugueses do quinto Intercambio Escolar Eixo Atlántico


Os nenos e nenas do Agrupamento de Escolas Abel Salazar, da cidade de Guimaraes, reuníronse en María Pita coa concelleira Monte Paz

O alumnado do Agrupamento de Escolas Abel Salazar da cidade portuguesa de Guimaraes, que se atopan nestes días na Coruña co programa do quinto Intercambio Escolar Eixo Atlántico, foron recibidos hoxe no palacio de María Pita pola concelleira de Seguridade Cidadá e Interior, Montse Paz.

Tras a visita de tres días do colexio portugués, os nenos e nenas do CEIP de Prácticas coruñés serán recibidos do 11 ao 13 de maio en Guimaraes, onde realizarán actividades educativas conxuntas e visitarán sitios emblemáticos da cidade anfitrioa.

Con este programa, o Eixo Atlántico, coa colaboración dos concellos que o integran, promove a cercanía cultural da eurorrexión, facilitando o fluxo de experiencias e vivencias entre a mocidade de diferentes puntos do noroeste peninsular.

Deja un comentario