Wednesday 22 de April de 2026

Leite Únicla A2 presenta na UVIGO a evidencia científica dos seus beneficios para a saúde


Será Ismael Martínez Lede, responsable de Innovación da cooperativa, quen fale sobre o ‘Leite ÚNICLA A2: innovación en saúde e sostibilidade avalada por evidencias científicas e ensaios clínicos’
Terá lugar nas IV xornadas anuais sobre políticas alimentarias o próximo 24 de abril, ás 10.50 horas, no Edificio Politécnico da Facultade de Ciencias do Campus de Ourense

A cooperativa rural galega CLUN estará presente na ‘IV Xornada anual sobre políticas alimentarias. Alimentos funcionais e saúde: novas oportunidades para o sector agroalimentario’, que se celebrará o próximo 24 de abril no Edificio Politécnico da Facultade de Ciencias do Campus de Ourense.

Será Ismael Martínez Lede, responsable de innovación da cooperativa, quen se encargue de explicar as características do leite Únicla A2 no relatorio ‘Leite Únicla A2: innovación en saúde e sustentabilidade avalada por evidencias científicas e ensaios clínicos’.

Durante a súa exposición, que dará comezo ás 10.50 horas, Martínez Lede abordará o desenvolvemento de Únicla A2, un produto que nace dun proceso de investigación orientado a mellorar o perfil nutricional do leite. Este modelo está baseado na selección de vacas A2A2 alimentadas cunha alimentación mellorada de forma natural e forraxes producidas nas propias explotacións. Isto dá lugar a un leite que é fonte de selenio e con catro veces máis omega 3 que o leite convencional.

O resultado é leite totalmente natural que, ademais de ser A2, é fonte de selenio, contén menos graxas saturadas e 4 veces máis omega-3 e CLA que o leite convencional.

Ademais, presentará os resultados dos ensaios clínicos realizados con leite Únicla, investigacións que achegan evidencia sobre as súas características nutricionais e funcionais. Os estudos destacan, en particular, a súa mellor dixestibilidade e a súa potencial contribución a procesos asociados á protección antioxidante, á modulación da inflamación de baixo grao e ao adecuado funcionamento do sistema inmune e da función tiroidea, así como a súa relación co mantemento da saúde cardiovascular, o metabolismo lipídico e determinadas funcións cognitivas.

En total desenvolvéronse 11 ensaios clínicos de intervención nutricional en condicións de vida real. Ata a data, os resultados de catro deles foron publicados, mentres que outros cinco atópanse xa finalizados e en proceso de publicación. Ademais, actualmente hai dous ensaios en curso e está previsto un novo estudo en colaboración coa Universidade de Vigo (UVigo) que organiza estas xornadas.

Ademais, expoñerá aos presentes os resultados dos ata doce ensaios clínicos realizados con leite Únicla, investigacións que avalan os beneficios do seu consumo, destacando, especialmente, a súa mellor dixestibilidade e a súa potencial contribución á saúde cardiovascular, a mellora do metabolismo lipídico, a redución de procesos inflamatorios e o apoio a funcións cognitivas, entre outros moitos aspectos.

Únicla A2 conta tamén con catro teses doutorais e dúas publicacións científicas nas que se resumen os principais avances achegados e que demostran o interese científico que rodea a este leite.

Este será outro dos puntos para tratar por Martínez, xa que abordará a importancia de incorporar o coñecemento científico para impulsar estratexias innovadoras no sector lácteo, creando modelos de calidade diferenciada.

Sobre ÚNICLA A2

É o resultado dun longo proceso de investigación en alimentación, manexo, reprodución e impacto ambiental do gando vacún leiteiro. O proxecto iniciouse en 2009 co desenvolvemento do leite ÚNICLA e culminouse en 2025 co lanzamento de ÚNICLA A2, un leite mellorado de forma natural, a través da alimentación de vacas A2A2.

Trátase dun leite que se diferencia dos demais por presentar un perfil de nutrientes máis axeitado ás recomendacións científicas sobre alimentación saudable e a redución das emisións de metano: graxas menos saturadas (-18%), catro veces máis ácidos graxos poliinsaturados omega-3 e ácido linoleico conxugado (CLA), tres veces máis selenio na forma máis biodisponible (selenio orgánico), libre da variante A1de a β-caseína e un -20% metano entérico emitido producido polas vacas.

Os seus beneficios foron comprobados cientificamente por múltiples ensaios clínicos de intervención nutricional realizados en hospitais do SERGAS, así como outros de fóra de Galicia. Ademais, os resultados das investigacións das que xurdiu ÚNICLA A2 xeraron novos coñecementos que espertaron o interese de diferentes revistas científicas de recoñecido prestixio.

Sobre Ismael Martínez Lede

Ismael Martínez Lede, licenciado en Veterinaria e en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de León, é responsable de innovación de Feiraco desde o ano 1993, aínda que anteriormente xa estivera vinculado á marca como técnico de nutrición animal e veterinario.

Ao longo da súa extensa carreira profesional participou en múltiples proxectos de I+D financiados en convocatorias públicas a nivel autonómico, pero tamén a moitos outros realizados a nivel nacional e mesmo europeo.

Deja un comentario