Tuesday 21 de April de 2026

Adxudicadas as obras de substitución do conxunto das carpinterías exteriores da Casa da Cultura de Neda


O Concello de Neda vén de adxudicar por segunda vez os traballos de substitución do conxunto das fiestras da Casa da Cultura. Culmina así o procedemento iniciado ao detectarse que a adxudicataria orixinal incumpría condicións establecidas nos pregos. Ao final, o ente local investirá algo máis de 70.000 euros (IVE incluído) nesta nova mellora do inmoble.
Finalmente, asumirá a execución dos traballos a mesma empresa que realizou durante o pasado ano o cambio da cuberta do edificio (Anllar Mantenimiento y Construcciones SL) ao ser a que presentou a oferta das vantaxosa das oito firmas que aspiraban a facerse coas obras.
O Concello destinará 70.136 euros a cambiar as carpinterías exteriores do inmoble (en total 25 ventás de distintos tamaños, e tres portas) por unhas novas, realizadas en PVC, e con “acristalamento con vidros laminares e baixo emisivos”.
A intervención contribuirá a facilitar o aforro enerxético, a mellorará a acústica do edificio, e a reforzar a seguridade en caso de incendio, ao retirarse as rexas da biblioteca, na que se instalarán vidros laminares anti-intrusión. A renovación suporá ademais a actualización da imaxe do inmoble que centraliza boa parte da oferta cultural municipal (soto e tres andares), que aínda conserva moitas das fiestras orixinais.

Deja un comentario