Neda contará ao longo do 2026 cunha decena de espectáculos coa colaboración da Rede cultural da Deputación da Coruña. A programación incluirá propostas teatrais, musicais, maxia, e máis de cine ao aire libre. Entre as apostas destacadas figuran o monólogo “Nabiza Girl” de Isabel Risco, o “Rock ‘n’ Magic” do Mago Teto ou o concerto de Xurxo Fernandes.
No marco do programa Escena vivo, na localidade xa se puido desfrutar da estrea de “Unha señora orquestra”, de Ailén Kendelman, e a finais do verán chegará Xurxo Fernandes, no marco da xira “Levaino 2026”, coa súa proposta mestiza na que se funden os sons tradicionais galegos co exotismo das terras do Mediterráneo Oriental. Haberá máis música de raíz, da man do grupo folk As Pías e o seu “Tradicorda con danza”.
En paralelos, Neda volverá a recibir ao Mago Teto que, desta volta, chegará con, no que une o seu talento ao de Fer Risco na batería e Mon Orencio na guitarra, para construír un espectáculo onde o ilusionismo convive con algúns dos clásicos do rock and roll.
No que atinxe ao teatro profesional, chegará o monólogo “Oh, mammi blue”, da compañía Cinema Sticado, protagonizado por Elena Varela; “Sophie non é o meu nome de guerra”, de Redrum Producciones, unha obra que fala da migración forzada, a través da vivencia persoal dunha muller que loita por ser libre, por amar e ser amada, e “Nabiza Girl”, con Isabel Risco convertida na súper heroína galega que traballa por unha sociedade máis xusta e igualitaria, ademais de reivindicar a identidade do país. E haberá tamén espazo para o teatro afeccionado.
Finalmente, da man da Deputación da Coruña chegará tamén o cinema ao aire libre, coa premiada “Sirat” de Óliver Laxe e con “Copito de neve”.
A Deputación da Coruña e o Concello de Neda cofinanciarán os espectáculos, ascendendo a subvención provincial a 17.998 euros, correspondentes ao 75% do coste do conxunto de propostas.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.