Monday 20 de April de 2026

Propostas a curto prazo para mellorar a mobilidade na Costa da Tapia


Alternativa reclama medidas inmediatas mentres non se executen as actuacións de maior alcance.

A Costa da Tapia continúa con problemas diarios de circulación e seguridade, cun volumen de tráfico que ronda os 18.000 vehículos ao día, sen que se teña adoptado medidas efectivas por parte da Xunta de Galicia.
Ante esta situación, Alternativa demandará o repintado da sinalización horizontal nas intersencións, co obxectivo de evitar as paradas indebidas de vehículos.
O grupo considera que unha medida sinxela e de aplicación inmediata, que permitiría mitigar unha problemática recorrente mentres non se executan as actuacións de maior envergadura anunciadas pola Xunta, aínda sen calendario definido.
Neste sentido, Alternativa insiste na necesidade de avanzar no vial 11-17, que conectaría a rotonda de San Pedro de Nós coa AP-9 e Barcala, ao considerar que esta infraestrutura suporía unha mellora real da mobilidade na zona.

Deja un comentario