Thursday 23 de April de 2026

O Concello de Bergondo convoca 12 prazas de socorristas para a campaña de verán


· O BOP publicou as bases que regulan o proceso de selección e o prazo de presentación de solicitudes abrirase mañá, martes 21 de abril.

O Concello de Bergondo abrirá mañá, martes 21 de abril, o proceso selectivo para a contratación de 12 socorristas que prestarán servizo durante a próxima tempada estival. O obxectivo desta contratación é garantir a máxima seguridade dos veciños, veciñas e visitantes que acudan a desfrutar dos areais do municipio durante os meses de maior afluencia.

As bases reguladoras desta convocatoria foron publicadas hoxe, luns 20 de abril, no Boletín oficial da provincia da Coruña (BOP). Nelas detállanse os requisitos que deben cumprir os aspirantes, así como o sistema de selección e os prazos de presentación de instancias.

Para poder participar no proceso selectivo, os candidatos deberán contar coa titulación esixida para o exercicio profesional do socorrismo acuático, estar inscritos no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

As persoas interesadas en formar parte do servizo municipal de salvamento deste verán poden presentar as súas solicitudes desde mañá, martes 21 de abril, e ata o 29 de abril, xunto coa documentación requirida, de forma preferente a través da Sede electrónica do Concello de Bergondo. Tamén se habilitará a presentación presencial no Rexistro Xeral do consistorio no seu horario habitual.

As bases completas e os anexos para a inscrición pódense consultar directamente na publicación do BOP a través da seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/20/2026_0000002356.pdf ou no taboleiro de anuncios da páxina web do Concello de Bergondo.

Deja un comentario