A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou hoxe en Expocoruña na inauguración de Pata Pata, Feira dos animais de compañía e turismo Pet Friendly, un evento orientado a poñer en valor o crecente peso deste sector. A cita conta cun espazo para a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, no que persoas emprendedoras asesoradas amosarán e darán visibilidade aos seus proxectos vinculados a este ámbito.
Durante a súa intervención, Mariño salientou as oportunidades que ofrece o sector das mascotas e do benestar animal, un eido en expansión e con gran potencial para xerar actividade económica e emprego. Así mesmo, animou a achegarse á Rede de polos da Xunta, que na provincia dispón de oficinas en Melide, Ferrol e Coristanco, e que xa apoiaron de maneira conxunta a máis de 1.800 iniciativas emprendedoras.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.