Sunday 19 de April de 2026

Visita a centenaria Dorinda Méndez


A alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez, e a concelleira de Servizos Sociais, Begoña Calviño, visitaron a Dorinda Méndez Calviño, veciña de Cortiñán, para felicitala polo seu centenario e entregarlle un ramo de flores e un detalle do Concello. No momento da visita estaba acompañada por un grupo de amigas.

Dorinda nación en San Tirso (Abegondo) e chegou a Cortiñán cando casou. Ten dúas fillas e catro netos. Traballaba no campo e tiñan animais en casa (vacas e un burro), alén de coidar da súa sogra.

Actualmente goza de boa saúde, toma poucas pastillas, vístese soa e destaca que ten boa memoria aínda que se acorda mellor de cousas do pasado que das máis recentes. No seu día a día prefire non madrugar e cando se levanta fai todos os días a cama acompañada da súa filla. Se hai bo tempo sae a pasear e axuda en casa coas tarefas cotiás, como pelar patacas.

Deja un comentario