Sunday 19 de April de 2026

A Xunta pon en valor o papel das entidades sociais no fomento dunha sociedade máis comprometida cos dereitos dos maiores


O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, avaliou coa Cruz Vermella o funcionamento da Estratexia contra a Soidade non Desexada

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou a sede da Cruz Vermella na Coruña para poñer en valor o papel do tecido asociativo na construción e fomento dunha sociedade máis comprometida cos dereitos das persoas maiores.
Durante o encontro, o director xeral e representantes da entidade avaliaron o funcionamento e o impacto das accións desenvolvidas no marco da Estratexia galega contra a Soidade non Desexada. Trátase, segundo explicou, dun plan pioneiro no conxunto do Estado impulsado pola Xunta para tratar de identificar situacións de soidade e crear unha conciencia social arredor desta problemática.
Neste sentido, Antón Acevedo lembrou que unha das medidas específicas desta estratexia é a creación dunha central para atender calquera posible caso de soidade non desexada ou ofrecer asesoramento e información ás persoas que o precisen. Por iso, recalcou a importancia de chamar ao 900 830 831 sempre que sexa necesario, ao tempo que explicou que se trata dun espazo telefónico seguro e confidencial.

Deja un comentario