O Concello de Riveira informa de que agora que as condicións meteorolóxicas por fin o permite mañá sábado 30 de abril será a xornada de celebración do Día da Árbore de Riveira.
O evento terá lugar a partir das 11 horas no parque periurbano de San Roque e contará coa participación das garderías e escolas infantís do municipio, ademais de distintos edís.
Cada neno recibirá un piñeiro xoven para que o planten coa axuda dos seus pais, mentres que os profesores encargaranse de dúas árbores de maior envergadura.
A celebración, na que haberá monitores de tempo libre, finalizará cunha actuación contacontos.
A programación está promovida dende a Concellería de Medio Ambiente que dirixe Elvira Pereira.