Tras non presentarse ningunha alegación no prazo preceptivo de 15 días hábiles, esta adxudicación dá resposta á complexa situación vivida nos últimos meses pola deficiente execución do servizo por parte da empresa anterior
O Concello de Miño adxudica á Fundación FEPAS o Servizo de Axuda a Domicilio tras concluír o prazo preceptivo de 15 días hábiles para presentar alegacións.
Con esta adxudicación dáse resposta á complexa situación vivida nos últimos meses polas persoas usuarias, as súas familias e o persoal do servizo, derivada da deficiente execución do servizo por parte da empresa anterior.
O Concello procederá agora á formalización do contrato coa nova entidade para que poida dar comezo a transición do servizo de forma que se garanta, en todo momento, a continuidade da atención.
O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, puxo en valor que “estivemos en contacto coas traballadoras e coas persoas usuarias de maneira continuada dende que se nos trasladaron as primeiras queixas”, e sinalou que “a nosa prioridade foi, dende ese momento, demostrar que a empresa non estaba cumprindo co contrato para poder actuar en consecuencia”.
Nesta liña, o rexedor destacou que a prioridade foi “actuar coa máxima rapidez posible, sempre dentro dás marxes que nos permite a lei. Trátase dun procedemento legal non que debemos guiarnos polos criterios de Intervención e Secretaría, pero nós sempre tivemos claro que a prioridade son as persoas usuarias e as traballadoras porque estamos falando dun servizo de primeira necesidade”.
O rexedor, para rematar, quixo trasladar “ou meu agradecemento pola comprensión e a paciencia mostrada durante este proceso, que foi especialmente complexo e delicado para todas e todos”.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.