Distinguirase aos mellores deportistas da localidade en funcións dos méritos obtidos na tempada 2024-2025
Neda recoñecerá durante o mes de maio aos mellores deportistas da localidade. O Concello, que está inmerso xa na organización da súa XXIV Gala do Deporte de, volverá contar coa opinión e a participación do sector. E así, abre hoxe mesmo o prazo para que a título individual, a través de clubs, asociacións, ou federacións se poidan presentar candidaturas.
Un ano máis, a administración local premiará ao mellor ou á mellor deportista do municipio, en función dos resultados obtidos durante a tempada 2024-2025. Unha distinción á que poderán optar deportistas residentes no municipio ou con algún tipo de vínculo coa localidade (persoal, laboral, familiar, de nacemento ou deportiva). En calquera caso, só se valorará a deportistas federados/as.
No evento deportivo galardoarase ademais ás mellores promesas masculina e feminina (menores de idade con opcións a converterse en grandes deportistas). E poderá haber mencións especiais para “equipos, adestradores, directivos, entidades públicas ou privadas, e agrupacións” que destaquen polo seu labor en canto á promoción, ao apoio, e ao desenvolvemento do deporte.
Dende este venres e ata o 8 de maio, calquera persoa física ou xurídica, asociación, centro educativo, organismo ou entidade pública ou privada, relacionada coa actividade física e co deporte en Neda, poderá facer as súas propostas de candidatos/as, a través do rexistro xeral do Concello, na Sede electrónica Municipal ou de forma presencial na Casa do Concello. As candidaturas deberán ir “acompañadas dos pertinentes resultados deportivos oficiais, asignados e certificados polo club, adestrador, ou federación correspondente”.
As bases do proceso e o modelo oficial para presentar as candidaturas poden descargarse na web municipal. Os propoñentes deberán enviar ademais dúas fotos dos seus candidatos/as ao correo electrónico escolasneda@gmail.com. Un xurado, nomeado pola Xunta de Goberno local, será o que ditamine.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.