Sunday 19 de April de 2026

Alternativa propón a ampliación dos locais sociais para a veciñanza


Co fin de ampliar a rede de locais sociais dispoñibles para o uso veciñal, Alternativa propuxo unha revisión da ordenanza municipal reguladora do uso de edificios e instalacións de caracter público.

A proposta presentarase no vindeiro pleno despois de diferentes reunións co goberno municipal para deliberar sobre a situación actual das instalacións.

O moción busca a ampliación das instalacións dispoñibles para ceder á veciñanza para a realización das súas propias actividades e celebracións. Matizando que o idoneo sería que os locais seleccionados conten na contorna con instalacións deportivas e de lecer infantil.

Alternativa sinala que é preciso impulsar unha avaliación técnica das diferentes instalacións, categorizando os distintos tipos de inmobles e as súas posibilidades de uso.

Tamén se pretende que a solicitude para os diferentes espazo sexa máis áxil e accesible, defendendo a actualización do procedemento na sede electrónica e na páxina web.

Alternativa defende avanzar na democratización e na optimización do uso das instalacións municipais para favorecer a participación, a convivencia veciñal e o aproveitamento real dos recursos públicos.

Deja un comentario