A xuntanza forma parte do itinerario de visitas que o grupo está a facer por todas as parroquias recollendo as demandas veciñais.
Alternativa anima a veciñanza a participar na asemblea que se realizará o vindeiro luns 27 de abril ás 20 horas no Centro Social de Santa María de Vigo.
A finalidade da reunión será reforzar a comunicación directa coa veciñanza, para poder dar voz ás necesidades e demandas reais da veciñanza transladando ao ao goberno municipal.
Esta iniciativa súmase ao espazo de atención directa á veciñanza todos os luns ás 19:30 horas nos locais municipais da rúa Río Barcés nº 7, na Barcala (antiga oficina de rexistro).
Asímesmo, tamén invitan a participar por canles non presenciais a través das redes sociais, do correo electrónico cambre@alternativadosvecinos.org, por Whatsapp ou telefónicamente no 604 08 07 82.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.