Alternativa esixirá explicacións pola paralización da obra no vial de Balbén e demandará a súa finalización.
O grupo sinala que a obra quedou proxectada, licitada e adxudicada durante o seu mandato. Polo que podería terse iniciado hai 7 meses e actualmente debería estar rematada.
Pero a pesar de que o actual goberno iniciou os traballos en xaneiro, limitándose a realizar a limpeza das cunetas, sen dar continuidade ao resto das actuacións previstas, o que derivou na paralización da obra.
O grupo lembra que a pesar de terse concedido unha prórroga de dous meses para a súa execución, o prazo expirou o 16 de abril, sen que os traballos fosen completados.
Ante esta situación, Alternativa esixirá explicacións sobre a xestión do proceso, reclamando que se adopten as medidas necesarias para reactivar e rematar a actuación canto antes.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.