A charla desenvolverase no vello Auditorio municipal, de 10.00 a 12.00 horas
O Concello de Ribeira ofrece unha charla informativa sobre o novo procedemento de regularización extraordinaria para persoas estranxeiras en situación irregular.
Este coloquio terá lugar no martes, 21 de abril, de 10.00 a 12.00 horas, no salón de actos do vello Auditorio municipal. Exporanse os requisitos, documentación necesaria e prazos para presentar a solicitude, ademais de resolver dúbidas das persoas asistentes.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.