Thursday 16 de April de 2026

Alternativa esixe á Xunta solucións para a seguridade peonil na AC-214


O grupo municipal sinala deficiencias de seguridade e accesibilidade en distintos tramos da AC-214 ao seu paso por Cambre.

Alternativa demandou á Xunta de Galicia a adopción de medidas para correxir os porblemas de seguridade viaria na AC-214: no tramo da rúa Amil e na rúa Castellana.

A estrada, de titularidade autonómica, constitúe dous dos principais accesos ao centro de Cambre, e a pesar do elevado tránsito diario que soporta presenta diversos puntos con problemas de seguridade que afectan ao día a día da veciñanza.
No caso da rúa Amil, o grupo volve a reiterar a denuncia sobre a ausencia de continuidade peonil, xa que nun dos marxes da vía non existe continuidade de beirarrúa, mentres no marxe oposto non hai puntos de cruce seguros.
Ademáis, neste mesmo treito, Alternativa xe reclamara un paso peonil para dar continuidade ao paseo fluvial, sen que ata o momento se teña obtido resposta por parte da Xunta.
En relación coa rúa Castellana, onde actualmente a Xunta está por executar unha intervención, o grupo insiste na necesidade de reforzar a seguridade, especialmente no paso de peóns que da acceso á Biblioteca María Pita, así como en Armental, onde a velocidade de circulación xera situacións de risco para os peóns.
Con esta nova iniciativa, Alternativa reafirma o seu compromiso coa mellora da mobilidade e da seguridade viaira, insistindo na necesidade de actuacións que garantan desprazamentos seguros e accesibles para toda a veciñanza.

Deja un comentario