Thursday 16 de April de 2026

Alternativa habilita asesoramento para alegacións ao inventario de camiños


O grupo facilitará apoio á veciñanza para presentar alegacións ao inventario de camiños ante a falta de información por parte do goberno municipal.

A oficina de Alternativa habilitará atención presencial os luns e xoves de 18:30 a 20:00 horas. Recomendase as persoas interesadas ou que non poidan asistir neste horario, contactar previamente por vía telefónica ou whatsapp no 689 605 922, ou a través do correo electrónico carral@alternativadosvecinos.org para organizar a atención a veciñanza noutros días ou noutros horarios.

Este servizo forma parte do traballo que Alternativa vén desenvolvendo para facilitar o acceso á información e garantir que a veciñanza poida exercer os seus dereitos no proceso de alegacións.

Neste sentido, o grupo tamén esixe ao executivo local impulse unha campaña informativa clara e accesible, que inclúa a realización de asembleas nas diferentes parroquias e a difusión do procedemento a través dos medios municipais.

Alternativa alerta que a situación de desinformación está a xerar confusión e indefensión na veciñanza, que carece de información suficiente para presentar as alegacións con garantías.

Dende o grupo subliñan a importancia de que a veciñanza coñeza as diferentes tipoloxías de camiños, as súas características e os criterios empregados para a súa clasificación, co fin de poder fourmular alegacións fundamentadas e defender os seus intereses.

Deja un comentario