A Biblioteca Municipal de Neda está a piques de alcanzar as mil persoas socias. O espazo cultural, que se converterá nos vindeiros días en referencia a nivel galego, grazas á celebración das XXI Xornadas literarias, centradas no “Galician noir”, sumou durante o pasado ano preto de corenta altas, ao tempo que reforzou a súa colección bibliográfica.
Grazas ás 39 incorporacións rexistradas ao longo no 2025, o número de fichas de persoas usuarias do espazo cultural, se sitúa en nada menos que 987, o que representaría ao redor do 20 % da poboación municipal. Un incremento ao que ten contribuído o intenso calendario de presentacións desenvolvido e o seu activo club de lectura.
En paralelo, o Concello de Neda apostou por seguir aumentando os fondos bibliográficos. O centro cultural, que reabría ao público no último exercicio despois de actualizar as súas instalacións, rolda na actualidade os 30.500 títulos, tras sumar un total de 214 publicacións, da man de subvencións e fondos propios.
As novidades editoriais, tanto en galego como en castelán, foron resultado, en moitos casos das peticións trasladadas polos lectores e lectoras, que serviron para mellorar a colección bibliográfica. Desta forma, o centro municipal consolida o posto duodécimo no ránking galego de bibliotecas públicas por volume de obras en relación á poboación local.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.