Wednesday 15 de April de 2026

A Xunta visita nos Peares o programa SpringWeek no que 1.400 alumnos mellora o seu nivel de inglés


A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visitou hoxe o Centro Residencial dos Peares, onde se desenvolve esta semana unha nova quenda do programa da Xunta SpringWeek, na que participan 175 alumnos de 1º da ESO procedentes de centros educativos de Burela, Trazo, Meis, Ribadavia, Lalín e Cambre. Durante a visita, a representante da Consellería coñeceu de primeira man o funcionamento deste campamento de inmersión lingüística e salientou que programas como SpringWeek “permiten aos estudantes mellorar o seu nivel de inglés dun xeito natural, a través da convivencia e da práctica en situacións reais”.

A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional destacou tamén que esta iniciativa “garante a igualdade de oportunidades ao ser totalmente gratuíta para as familias” e puxo en valor “a importancia de fomentar a aprendizaxe de linguas estranxeiras desde idades temperás”. SpringWeek desenvólvese en quendas semanais entre marzo e maio e facilitará que arredor de 1.400 estudantes desde 5º de Primaria ata 2º da ESO participen este curso, combinando formación académica con actividades lúdicas en inglés e favorecendo a convivencia entre mozos de distintos puntos de Galicia.

Deja un comentario