A biblioteca municipal de Ordes rexistrou un cheo absoluto na tarde de onte con motivo da conmemoración do Día Internacional das Bibliotecas. Dende media tarde arredor de 200 asistentes entre nenos, nenas, avós, pais e acompañantes desfrutaron do relato ‘Cantacontos’. Unha emocionante historia acompañada de proxeccións e musicalizada, coa que todos eles se botaron a bailar. Convertindo a biblioteca por momentos nun improvisado salón de baile cheo de bo ritmo, diversión e moitas risas.