Celebrarase o mércores 22 de abril na Casa da Cultura e será aberta a toda a cidadanía.
O Concello convoca a toda a veciñanza a unha reunión informativa con motivo do inicio do período de exposición pública da planta de biogás proxectada na parroquia de Soandres. O encontro celebrarase o mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura da Laracha, con acceso libre para todas as persoas interesadas.
Durante a reunión, técnicos municipais ofrecerán información sobre o proxecto, as súas posibles implicacións e o posicionamento en contra por parte da Corporación municipal, expresado por unanimidade no último Pleno ordinario.
Ademais, o Concello avanzará as accións que levará a cabo neste proceso, entre as que se inclúe a presentación de alegacións ao proxecto, así como a elaboración dun modelo de alegación tipo que se porá a disposición da cidadanía para que calquera veciño poida tamén mostrar o seu rexeitamento a título individual.
O Concello convida á cidadanía a asistir e participar activamente nesta reunión co obxectivo de resolver dúbidas, compartir información e favorecer unha resposta coordinada durante o período legal de alegacións ao proxecto.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.