Wednesday 15 de April de 2026

Marcelino Sánchez Blanco recibiu a felicitación do alcalde polo seu 101 aniversario


É o segundo varón máis veterano do municipio, que conta actualmente con 13 persoas que superan o século de vida.

O señor Marcelino Sánchez Blanco cumpriu 101 anos de idade. Natural do lugar de Rebordelos (Carballo) e carpinteiro de profesión, emigrou a Suíza nos anos 60, etapa na que foi construíndo a súa vivenda na Pedreira, parroquia de Caión, onde reside desde 1969 xunto á súa muller Magdalena.
Acompañado por boa parte da familia na súa propia casa, Marcelino celebrou o aniversario en moi bo estado de saúde, destacando pola súa lucidez e vitalidade.
O alcalde, José Manuel López Varela, e os edís Rocío López e Alberto Blanco, trasladáronse ata o seu domicilio para felicitalo persoalmente, facéndolle entrega dunha placa conmemorativa en nome do Concello.
Na actualidade, no termo municipal hai empadroadas trece persoas que superan os cen anos de vida, dez mulleres e tres homes. Marcelino é o segundo varón máis veterano entre os residentes no concello.

Deja un comentario