Alternativa realizará charlas informativas nas parroquias de Sergude e As Travesas afectadas polas novas sendas que a Xunta de Galicia está a crear no Camiño Ingles.
As charlas están orientadas a trasladar á veciñanza o novo trazado previsto, as posibles afeccións ás propiedades, posibles expropiacións e os prazos e procedemento para a presentación de alegacións.
Os encontros celebraranse nas seguintes datas e localizacións:
– Xoves 23 de abril ás 20 horas No Local social de Sergude
– Venres 24 de abril ás 20 horas no local As Avelinas, As Travesas.
Alternativa subliña a importancia de que a veciñanza dispoña de información clara e accesible sobre este tipo de actuacións especialmente cando poden ter impacto directo no territorio e propiedades.
Por iso, animan ás persoas interesadas a participar nestes encontros, co fin de resolver dúbidas e coñecer de primeira man todos os detalles antes de que remate o prazo de alegacións.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.