O grupo valora positivamente a execución das actuacións para en viais municipais proxectadas e impulsadas durante o seu mandato e insta a continuar coa planificación pendente que deixaron elaborada.
As intervencións permiten avanzar cara unha mobilidade máis segura e funcional, coa actuación nas cunetas en Tabeaio, reforzo de noiros e cunetas entre a Ribeira a Soavila (Cañás), así como a renovación da capa de rodadura no vial de Cimadevila a Montecelo (Quembre).
Estas actuacións foron deseñadas durante o mandato de Alternativa cun investimento de 140.000 euros, contando co apoio da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (en Cañás) e a Deputación de A Coruña. ( en Tabeaio e Quembre)
Dende Alternativa destacan que estas actuacións evidencian a importancia de contar cunha planificación realista e avanzada, e reclaman ao actual goberno dar continuidade aos proxectos que deixaron definidos durante o seu mandato, evitando paralizacións innecesarias.
Neste sentido, Alternativa lembra que quedan por executar actuacións en diferentes puntos do municipio, entre ellas:
• Mellora vial en Balbén (San Vicente)
• Mellora capa de rodadura de Montecelo a Poza (Quembre)
• Mellora capa de rodadura de Montecelo a Cimadevila (Quembre)
• Mellora capa de rodadura e formación de cunetas na Rúa da Fraga (Paleo)
• Mellora de vías e cunetas en Vista Real (Cañás)
Alternativa dos Veciños insiste en que a continuidade destas actuacións permitirá consolidar unha rede viaria máis segura, accesible e adaptada ás necesidades da veciñanza.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.