Wednesday 15 de April de 2026

Comeza unha nova edición do Curso de Aplicador-Manipulador de Produtos Fitosanitarios dos Concellos de Frades e Mesía con 18 participantes


Un total de 18 veciños e veciñas de Frades e Mesía participan nunha nova edición do Curso de Aplicador-Manipulador de Produtos Fitosanitarios, nivel básico, organizado conxuntamente polos concellos de Frades e Mesía. Un curso de 26 horas de duración que se iniciou esta fin de semana no centro sociocultural de Ponte Carreira e no que participou o concelleiro de Cultura de Frades, Juan Carlos Portos.

Este curso é unha formación obrigatoria para agricultores e persoal auxiliar que manipule plaguicidas, xa que lles permite obter o carné de manipulador se superan o correspondente exame, previsto para o próximo venres 24 de abril. Neste sentido, Portos Bra salientou que “este curso únese ao celebrado o pasado mes de novembro, no que participaron outras 25 persoas. Así cubrimos as necesidades dos nosos veciños e veciñas ao facilitarlles o acceso ao carné homologado de manipulador de produtos fitosanitarios”.

O curso arrincou esa fin de semana do 11 e 12 de abril, en horario de 9:00 a 15:30 horas, e finalizará o próximo sábado 18 e domingo 19 de abril.

Deja un comentario