Friday 17 de April de 2026

Alternativa continúa a súa rolda de visitas polas parroquias


O grupo reforza o contacto directo coa veciñanza para trasladar as súas demandas ao goberno municipal.Durante este mes visitará O Burgo, Portádego, Fonteculler e A Corveira, dando continuidade a unha iniciativa centrada na escoita activa e na participación cidadá.

Dende Alternativa valoran moi positivamente o resultado destas visitas, destacando que xa permitiron impulsar diferentes compromisos por parte do goberno local, entre os cales sinalan a creación dun espazo de encontro xuvenil en Vilaboa, máis atención para a Reitoral de Celas, o arranxo, antes do verán, do firme nas rúas Hersa e Crego Xosé Ferreiro.

Esta iniciativa complementase coa campaña de participación activa a través das redes sociais: “Ti es de Culleredo. Falamos?”, coa que o grupo busca ampliar os canais de comunicación coa veciñanza.

Dende Alternativa sinalan a importancia da participación veciñal na vida municipal e anima á veciñanza a trasladar as súas propostas e inquedanzas a través dos diferentes canais habilitados: o teléfono 981 415 610, o correo electrónico, culleredo@alternativadosvecinos.org, e tamén o contacto a través de redes sociais.

Deja un comentario