Cé Orquestra Pantasma, de Os Fíos do Querer fará as ledicias de todas as familias asistentes ao espectáculo que terá lugar no auditorio do Centro Cultural A Fábrica (Perillo) o domingo 19 de abril ás 12:00 horas.
Cé Orquestra Pantasma, partir da personaxe de home orquestra, ofrece desta volta un formato musical agarimoso apto para a sensibilidade da primeira infancia. O emprego da voz e actitude de confianza, o suave e rítmico acompañamento musical do ukelele e do seu trebello sonoro para as costas, ademais das misteriosas árbores de axóuxeres que acompañan estética e harmoniosamente, conseguen namorar a miúdos e grandes desde o comezo do espectáculo.
A actividade ten unha duración de 45 minutos e está dirixida a familias con crianzas de 0 a 3 anos. As inscricións poderán realizarse a través do formulario web habilitado ao efecto a partir do 13 de abril. Terán preferencia as familias inscritas no programa Apego do Concello de Oleiros.
Máis información no Servizo de Normalización Lingüística municipal.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.