Wednesday 15 de April de 2026

A catedrática de Tecnoloxía de Alimentos da UDC Ángeles Romero Rodríguez pecha esta semana o ciclo Contando Ciencia 2025-26


Cres que para estar sano hai que comer de todo? Partindo deste interrogante, a catedrática de Tecnoloxía de Alimentos da UDC Ángeles Romero Rodriguez falará este xoves en Fene sobre as claves para mellorar a saúde a través da alimentación. A profesora do Grao en Nutrición Humana e Dietética e do Máster en Innovación, Nutrición, Seguridad e Tecnoloxías Alimentarias afondará, durante a súa intervención no ciclo Contando Ciencia, naqueles “pequenos cambios na alimentación que poden ter un gran impacto no benestar da persoa”. A charla será o xoves 16 de abril, ás 19.30 horas, no salón de actos da Casa da Cultura con entrada libre e gratuíta. Ciclo organizado pola Biblioteca O Segrel do Penedo do IES de Fene coa colaboración da Concellería de Ensino de Fene e baixo a coordinación da mestra Violeta Miraz Seco.

Ángeles Romero Rodríguez é catedrática de Universidade na área de Tecnoloxía de Alimentos da UDC e directora da Cátedra Institucional do Pan e do Cereal. Imparte docencia en diferentes centros do Campus de Lugo e, concretamente, na Facultade de Ciencias, onde é responsable de diferentes materias do grao en Nutrición Humana e Dietética e do máster en Innovación, Nutrición, Seguridad e Tecnoloxías Alimentarias.

Coordina o grupo de investigación “Análisis Sensorial, Valoración Nutricional y Desarrollo de Nuevos Alimentos” e nesta líña centra a súa actividade investigadora en diferentes proxectos internacionais, nacionais e autonómicos e en contratos e convenios con empresas e entidades.

Ángeles Romero foi pioneira en Galicia na aplicación de análisis sensoriais de alimentos, convertíndose esta líñea nun dos piares da súa investigación, o que conduxo á creación da spin-off TASTELAB S.L., primeira empresa Tecnolóxica de Análisis Sensorial, da cal é socia fundadora. Ademais, asesora e colabora con diferentes entidades e administracións para desenvolver plans e guías alimentarias para promover a alimentación saúdable.

Tamén participou en proxectos de cooperación ao desenvolvemento en Centroamérica. É membro de diferentes Comités Científicos e Comisións Técnicas e é a representante de alimentos da UDC en diferentes organismos.

Deja un comentario