O programa arrancará ás 13.30 horas no Campo da Feira, e inclúe unha misa solemne seguida de xantar, sobremesa e baile
A día de hoxe máis de 800 asistentes teñen confirmada a súa asistencia á xuntanza de maiores organizada polo Concello de Ordes. A dita celebración terá lugar no Campo da Feira da vila este domingo, 1 de maio, e arrancará cunha misa solemne ás 13.30 horas. Estará seguida dun xantar onde a boa música, o baile e a diversión están garantidas.
Aquelas persoas que aínda non teñan a súa entrada deben adquirila o antes posibel na planta baixa do Concello, tras o pago previo de 5 €.