Monday 13 de April de 2026

Gran participación veciñal na charla sobre tensión arterial celebrada en Abellá


Gran resposta veciñal ao reinicio do programa de xornadas gratuítas sobre a saúde do Concello de Frades, postas en marcha hai dous anos. O local social “O Vedral”, na parroquia de Abellá, quedou pequeno para acoller unha charla informativa sobre a tensión arterial, na que participou a concelleira de Benestar Social, Muller e Igualdade, Ángeles Álvarez Carro.

Unha charla que se volverá repetir este mércores 15 de abril, ás 17:00 horas, no centro sociocomunitario de Frades, en Ponte Carreira (Gafoi). Ao igual que en Abellá, a participación é totalmente de balde, sendo preciso anotarse previamente no Concello de Frades ou chamando ao teléfono 981 695 567. Estas charlas sobre tensión arterial están organizadas polo Concello de Frades, que conta coa colaboración dos Servizos Sociais da Deputación da Coruña..

Deja un comentario