Monday 13 de April de 2026

O Concello abre o prazo de inscrición para o Xantar do Maior 2026


As solicitudes poden realizarse ata o venres 17 de abril no departamento de Servizos Sociais

O encontro terá lugar o sábado 25 de abril, ás 14.00 horas, no pavillón municipal Juan Tenreiro

O Concello de Miño abre hoxe, luns 13 de abril, o prazo de inscrición para participar no Xantar do Maior 2026, un evento dirixido ás persoas maiores de 55 anos empadroadas no municipio que terá lugar o sábado 25 de abril, ás 14.00 horas, no pavillón municipal Juan Tenreiro.

As inscricións poderán formalizarse ata o venres 17 de abril no departamento de Servizos Sociais, situado no baixo da Casa do concello. As prazas son limitadas, cunha capacidade máxima de 250 persoas.

Este encontro constitúe unha xornada de convivencia pensada para homenaxear ás persoas que contribuíron ao desenvolvemento do municipio ao longo dos anos.

As persoas asistentes poderán desfrutar dun menú composto por aperitivos, salpicón, jarrete e sobremesa, nun ambiente distendido no que non faltará a música e o baile.

Como novidade nesta edición, permitirase a asistencia dun acompañante maior de 55 anos non censado en Miño por unidade familiar.

Ademais, co obxectivo de facilitar a participación e os desprazamentos, este ano volverá ofrecerse servizo de autobús.

Desde o Concello animan aos veciños e veciñas a participar nesta xornada festiva e desfrutar dun día diferente en boa compañía.

Deja un comentario