Monday 13 de April de 2026

O sábado dispútase o XI Trofeo Concello de Oleiros de natación artística


A piscina do INEF, en Bastiagueiro, acolle o vindeiro sábado 18 de abril o XI Trofeo Concello de Oleiros de Natación Artística. A competición desenvolverase en xornada de mañá e tarde, a partir das 10:00 e das 16:00 respecticamente, e está prevista a participación de 376 nadadoras de 8 clubs de toda Galicia.

As categorías nas que se disputará o trofeo serán prebenxamín, benxamín, prealevín, infantil e junior.

O Club Acuátic Oleiros, con 120 nadadoras, exercerá como anfitrión dunha proba coa que o Concello de Oleiros pretende promocionar e fomentar esta especialidade deportiva.

Deja un comentario