Thursday 16 de April de 2026

A Praza Europa segue á espera da súa reforma


A actuación financiada con 465.903 euros a través do Plan Único de Concellos da Deputación (POS) continúa sen avances visibles.

Alternativa trasladou ao goberno municipal a preocupación da veciñanza pola falta de avances na actuación prevista na Praza Europa, que continúa sen executarse malia contar xa con financiamento aprobado.

A obra, incluída no POS, contempla unha obra integral na praza coa reforma das pistas deportivas e a renovación dos itinerarios peonís.

Esta é unha actuación necesaria, tendo en conta o grado de deterioro que presentan as instalacións e o uso diario que a veciñanza fai delas, por atoparse en pleno núcleo do Burgo.

Alternativa sinala que esta é unha máis das actuacións financiadas pola da Deputación de a Coruña, a través do POS que, a pesar da súa aprobación, seguen sen materializarse nin presentar progresos claros cara a súa execución.

Dende o grupo reclamaron ao goberno local que aclare a situación do proxecto co obxectivo de impulsar a súa tramitación para que se poida renovar o espazo canto antes.

Deja un comentario