A xunta de goberno local do Concello de Riveira aprobou hoxe a adhesión a dous convenios marco de colaboración en virtude dos cales se vai ver mellorada a xestión dos residuos de aparatos eléctricos e electrónicos que se depositen no Punto Limpo.
O primeiro dos convenios subscritos é o adoptado entre a Consellería de Medio Ambiente e as entidades xestoras de sistemas integrados de xestión de residuos de aparatos eléctricos e electrónicos, que asegura que no Punto Limpo unha mellor clasificación dos mesmos a través dun sistema de almacenamento dividido en cinco fraccións distintas segundo o produto de que se trate.
Así mesmo, a adhesión a un segundo convenio entre a Consellería de Medio Ambiente e a Fegamp permitirá dotar ao punto de Xarás de todo o equipamento necesario para a recollida e clasificación deste tipo de elementos.
Todo isto repercutirá non só nunha xestión máis eficaz dos residuos senón tamén nun maior aforro económico para as arcas municipais.