Este novo servizo entrará mañá en funcionamento no número 689 117 816
A cidadanía de Ribeira disporá a partir de mañá dunha nova canle a través da cal comunicar incidencias. O Concello pon á súa disposición a canle de whatsapp para tal fin, onde os veciños e veciñas poderán comunicar temas relacionados con iluminación, auga ou mobiliario, entre outras moitas cuestións. O número é o 689 117 816.
“Escoitar e acertar. Ese é o lema deste goberno. Xa tivemos xuntanzas veciñais en Corrubedo e Olveira para estar a carón dos veciños, escoitando as súas demandas e suxestións; unha serie de encontros que continuarán proximamente no resto de parroquias. E agora damos un paso máis e activamos este whatsapp para manter un contacto máis próximo e dar resposta con maior celeridade”, manifesta a alcaldesa, María Sampedro.
Unha vez recibidas as mensaxes, estas serán trasladadas aos departamentos municipais correspondentes para solucionados con celeridade.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.