Sunday 12 de April de 2026

A parada do bus metropolitano cambia o luns de Entrexardíns, que encara a súa peonalización, a Alcalde Manuel Casás


A actuación, parte da gran remodelación dos Cantóns, xuntará as dúas metades dos Xardíns de Méndez Núñez e creará a gran entrada o porto

O proxecto de remodelación dos Cantóns entrará o próximo luns 13 de abril nunha nova fase, co peche ao tráfico de Entrexardíns —para comenzar a súa peonalización— e o traslado da súa parada de autobús metropolitano á nova localización na rúa Alcalde Manuel Casás.

Con esta actuación, avánzase cara á unión das dúas duas metades dos Xardíns, co que se busca aportar unidade e coherencia estética ao conxunto da contorna facilitando o tránsito peonil coa creación dun percorrido aliñado que formará un paseo orientado á entrada do porto. A actuación afectará ata o treito final da rúa Santa Catalina.
“Estamos xa moi preto de ter uns Cantóns totalmente novos, cun proxecto que, mantendo a esencia histórica desta localización icónica, responda as demandas dunha cidade moderna.

A transformación de Entrexardíns, con ese abrazo entre as dúas metades de Méndez Núñez, é unha parte fundamental e un novo paso importantísimo para estas obras”, subliñou a alcaldesa, Inés Rey.

A formulación desta parte da actuación, tal e como figura na redacción do proxecto, busca concretar un nexo de unión entre as dúas metades de Méndez Núñez, hoxe separadas por Entrexardíns, e facer o tramo accesible aos peóns e peoas utilizando a zona onde hoxe se sitúa a parada de autobús como espazo de transición entre o espazo do xardín romántico e o do parque.

O corte de Entrexardíns e o traslado da parada do bus son as modificacións na mobilidade da zona nesta fase da obra. Polo demais, o tráfico mantense como ata agora en ambas as direccións, tanto no Cantón Grande como no Pequeno, e as zonas de carga e descarga seguirán estando situadas na rúa Nova e en Durán Loriga.

A remodelación dos Cantóns avanza a paso firme, con máis da metade da execución superada grazas ao traballo intensivo das obras nos últimos meses. A renovación xa actuou sobre máis de 12.000 metros cadrados de pavimento nas súas diferentes fases.

Deja un comentario