Sunday 12 de April de 2026

Usuarios da Residencia de Maiores Pública Autonómica Torrente Ballester participan na xornada “Deporte e vida activa” no Real Aeroclube de Santiago de Compostela


Un grupo de persoas usuarias do centro de maiores Torrente Ballester da Coruña, pertencente á rede pública autonómica, participou esta semana na xornada Deporte e Vida Activa organizada nas instalacións do Real Aeroclube de Santiago de Compostela. A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, tamén acudiu a este encontro, onde animou aos maiores a participar en actividades que, como esta, buscan impulsar unha vida activa e saudable a través da actividade deportiva.
Ademais, dos residentes do centro coruñés, o evento reuniu a usuarios doutras dúas residencias da Xunta: Porta do Camiño de Santiago de Compostela e de Ferrol-Caranza. A xornada incluíu a práctica de deportes como o golf, o pádel e o croquet.

Deja un comentario