A programación desta nova edición inclúe talleres para nenos e nenas e unha charla divulgativa acerca do mel cru
Este domingo 12 de abril o mercado ecolóxico de San Cristovo, organizado polo Concello para promover o consumo responsable na cidade, realizará un novo ciclo de actividades didácticas e lúdicas gratuítas para toda a familia.
A oferta inclúe propostas para todos os gustos, incluídos talleres dirixidos a nenos e nenas.
A programación completa é a seguinte:
– 10.00-15.00 h: Espazo de dinamización infantil “Arte do residuo”
– 11.00-13.00 h: Visita de Uskoruña
– 11.30-12.30 h: Obradoiro infantil de refugallo “Tulipáns de choiva”. Entrada gratuíta, logo da inscrición previa, que se completará no propio mercado a partir das 10.00 h.
A capacidade é limitada a 15 persoas, e a duración é dunha hora.
– 13.00 h: Charla divulgativa con Dévalo Mel, “O lado vivo do mel: Mel cru, puro e poderoso”, acerca do proceso de recollida de mel cru, as súas propiedades e a súa orixe desde a acción das abellas ata o envasado para o consumo humano.
Ao mercado deste domingo seguiralle outro este mes, no Campo da Leña, o próximo 19 de abril, tamén organizado polo Concello. A iniciativa, que xa levou estes mercados a distintos puntos da cidade no que vai de ano, foi pensada polo Goberno local para achegar, de forma lúdica e participativa, os beneficios da economía circular e do consumo responsable á cidadanía.


Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.