Saturday 11 de April de 2026

Laxe impulsa a mellora das Praza do Areal cun novo investimento do POS+ 2025


O Concello executará unha actuación valorada en máis de 41.000 euros para modernizar e poñer en valor este espazo público clave

O Concello de Laxe continúa avanzando na mellora dos seus espazos públicos coa posta en marcha dunha nova actuación incluída no Plan de Obras e Servizos (POS+) 2025 da Deputación da Coruña.

Neste marco, levarase a cabo a mellora das Praza do Areal, unha intervención que conta cun orzamento total de 41.134,99 euros, financiado a través deste programa provincial que permite aos concellos seguir desenvolvendo actuacións de interese para a cidadanía.

As obras serán executadas pola empresa Tecosmarpa, S.L., e teñen como obxectivo principal mellorar a funcionalidade, accesibilidade e estética deste espazo, contribuíndo así a reforzar o seu uso por parte de veciños e veciñas e a dinamizar a zona.

Dende o Concello de Laxe destacan a importancia deste tipo de investimentos, que permiten seguir avanzando na modernización do municipio, mellorando a calidade de vida da poboación e poñendo en valor espazos públicos fundamentais para a convivencia.

Así mesmo, o goberno local subliña o papel da Deputación da Coruña a través do POS+, unha ferramenta clave para que os concellos poidan acometer actuacións necesarias nos seus territorios.

Con esta intervención, Laxe reafirma o seu compromiso cun modelo de desenvolvemento centrado na mellora dos servizos, a accesibilidade e o benestar da cidadanía.

Deja un comentario