― Trátase de actuar nas estradas VG-1.3, AC-161, AC-162, AC-163, AC-164, AC-173, AC-183, AC-230, AC-408 E AC-409, ao seu paso polos concellos de Bergondo, Betanzos, Oleiros, Sada, Ordes, Cerceda e Oza-Cesuras
― As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 27 de abril
― Esta intervención ten como obxectivo mellorar as características funcionais e a seguridade viaria en distintos treitos destas vías autonómicas, que suman os algo máis de 28,6 quilómetros de lonxitude
― A Xunta segue a traballar pola mellora das características da rede actual de estradas da súa titularidade, supoñendo un menor custo de mantemento a longo prazo e unha mellora da seguridade viaria
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, vén de licitar por máis de 3,5M€ (3.539.798,78€), as obras de reforzo do firme nas estradas de titularidade autonómica VG-1.3, AC-161, AC-162, AC-163, AC-164, AC-173, AC-183, AC-230, AC-408 E AC-409, ao seu paso polos concellos de Bergondo, Betanzos, Oleiros, Sada, Ordes, Cerceda e Oza-Cesuras.
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia ten publicada esta contratación, á que as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 27 de abril. Os traballos contan cun prazo de execución de catro meses.
Trátase de rehabilitar a capa de rodaxe para mellorar as condicións de circulación nos distintos treitos destas estradas. Os traballos permitirán a rehabilitación do firme nos distintos treitos destas dez vías de titularidade da Xunta, con distintas actuacións, restaurando as características do pavimento, e adecuando as súas necesidades funcionais e de durabilidade.
En concreto, as actuacións de reforzo de firme levaranse a cabo nos seguintes treitos das vías da Xunta: na AC-161 (do punto quilométrico 0+000 ao 0+800), na AC-162 (do quilómetro 0+980 ao 4+390), na AC-163 (do 1+840 ao 5+880), na estrada AC-164 (do 3+900 ao 5+350), na AC-173 (do 4+460 ao 9+350), na AC-183 (do 0+720 ao 6+580), na estrada AC-230 (do 6+020 ao 8+060), na AC-408 (do 0+250 ao 2+100), na AC-409 (do 8+000 ao 9+100), e na VG-1.3 (do punto quilométrico 0+010 ao 3+200) e dous accesos.
En total os treitos nos que se prevé actuar suman os algo más do 28,6 quilómetros de lonxitude entre as dez estradas.

Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.